¿Queres recibir novas da AFA?
A Asociación de Familias de Alumnado do CEIP Luís Seoane é un espazo de participación, colaboración e apoio para todas as familias do centro. Traballamos con ilusión para contribuír ao benestar das nosas nenas e nenos, apoiar a labor educativa do colexio e fomentar un ambiente baseado no respecto, a convivencia e a cooperación.
Somos nais e pais voluntarios que dedicamos parte do noso tempo a mellorar a vida escolar, construíndo unha comunidade activa, implicada e corresponsable do futuro do noso alumnado.
Na AFA implicámonos de verdade na vida do centro:
Organizamos actividades, obradoiros e eventos ao longo de todo o curso
Impulsamos iniciativas educativas, culturais e de convivencia
Somos a voz das familias no Consello Escolar
Creamos espazos de aprendizaxe tamén para nais e pais (Escola de Familias)
Colaboramos co colexio mellorando recursos e materiais
Mantemos ás familias informadas e conectadas
Ser parte da AFA ten vantaxes reais para ti e para a túa familia:
Actividades e obradoiros gratuítos ou a prezos vantaxosos
Actividades extraescolares a prezos reducidos que facilitan a conciliación laboral
Banco de libros
Seguro colectivo de accidentes a prezo reducido
Axuda económica na excursión de 6º
Festas e eventos gratuítos (Entroido, fin de curso…)
Escola de Familias gratuíta
Fotos de clase e agasallos especiais
E ademais:
✔ Participas nas decisións do centro
✔ Defendes os intereses do teu fillo ou filla
✔ Formas parte dunha comunidade activa e comprometida
Facerse socio/a é rápido e sinxelo:
Completa o formulario na web
Abona a cota anual
E listo! Xa formas parte da AFA.
Súmate. Participa. Conta.
Porque xuntas e xuntos facemos do CEIP Luís Seoane un lugar mellor para o futuro das nosas nenas e nenos.
O prazo para facerse socio está pechado.
Próximamente abrirase a inscrición para o curso 2026/2027