¿Queres recibir novas da AFA?
1.- INFORMACIÓN XERAL
O presente “Aviso Legal” regula o uso do sitio afaceipluisseoane.org (en adiante, o “Sitio Web”) que é titularidade da entidade xurídica AFA CEIP Luís Seoane. (en adiante, a “Asociación”) encargada de xestionar a páxina web, cuxo domicilio social é Avda. Morro de Canide, 1. 15177. Oleiros. A Coruña, con CIF número G-15265051, e con dirección de correo electrónico: info@afaceipluisseoane.org
A Asociación dálle a benvida e invítalle a ler atentamente o Aviso Legal deste Sitio Web que describe os termos e condicións que serán aplicables á súa navegación polo mesmo, de conformidade co establecido na normativa española de aplicación. Dado que a Asociación podería modificar no futuro o presente Aviso Legal, recomendámoslle que o visite periodicamente para estar debidamente informado dos cambios realizados.
Co ánimo de que o uso do Sitio Web se axuste a criterios de transparencia, claridade e sinxeleza, vostede (en adiante, o “Usuario”) poderá informarnos de calquera suxestión, dúbida ou consulta sobre o Aviso Legal que será recibida e solucionada contactando coa Asociación na dirección de correo electrónico: info@afaceipluisseoane.org
A través do Sitio Web, a Asociación pretende facilitar ao público a información relativa a aspectos relacionados co obxecto da asociación de nais e país do CEIP Luis Seoane. O noso obxectivo consiste en velar para que a información se difunda coa maior rapidez posible, procurando a veracidade e exactitude da mesma.
O Usuario comprométese a facer uso dos servizos e utilidades ofrecidos por este Sitio Web, de conformidade coa lei, co contido deste Aviso Legal e de acordo coa moral, as boas costumes xeralmente aceptadas e a orde pública.
2.- SERVIZO
A Asociación subministra o contido e os servizos que están dispoñibles no Sitio Web, suxeitos ao presente Aviso Legal, así como á Política de Privacidade.
O acceso a este Sitio Web ou a súa utilización en calquera forma outórgalle a cualificación de Usuario e implica a aceptación sen reservas do presente Aviso Legal, dispoñible no Sitio Web, reservándose a Asociación o dereito a modificalo en calquera momento. En consecuencia, será responsabilidade de todo Usuario a atenta lectura do Aviso Legal vixente en cada unha das ocasións en que acceda a este Sitio Web, polo que, se non está de acordo con calquera dos extremos aquí dispostos, deberá absterse respecto ao uso do mesmo.
3.- ACCESO E SEGURIDADE
O Usuario é consciente e acepta voluntaria e expresamente que o uso do Sitio Web se realiza en todo caso baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.
Con carácter xeral, os Usuarios poderán acceder ao Sitio Web de forma libre e gratuíta.
A Asociación adopta medidas de seguridade razoablemente adecuadas para detectar a existencia de virus. Non obstante, o Usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos en Internet non son enteiramente fiables e que, polo tanto, a Asociación non pode garantir a inexistencia de virus ou outros elementos que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos (software e hardware) do Usuario ou nos seus documentos electrónicos e ficheiros contidos nos mesmos.
4.- CONTIDOS DO SITIO WEB
A Asociación ofrece ao Usuario a posibilidade de:
1.- Coñecer información sobre a Asociación, os seus servizos e/ou produtos.
2.- Realizar consultas a través dos formularios.
5.- UTILIZACIÓN DOS CONTIDOS
Toda a información que facilite o Usuario deberá ser veraz. A estes efectos, o Usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique como consecuencia do cumprimento dos formularios necesarios. De igual forma, será responsabilidade do Usuario manter toda a información facilitada á Asociación permanentemente actualizada de forma que responda, en cada momento, á situación real do Usuario. En todo caso, o Usuario será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause á Asociación ou a terceiros pola información que facilite.
O Usuario comprométese a utilizar os contidos postos á súa disposición no Sitio Web, entendendo por estes, sen que esta enumeración teña carácter limitativo, os textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, links e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte (en adiante, os “Contidos”), de conformidade coa lei, o presente Aviso Legal, e demais avisos, regulamentos de uso e instrucións postos no seu coñecemento, así como coa moral e as boas costumes xeralmente aceptadas e a orde pública.
O Usuario deberá absterse de obter e mesmo de intentar obter os contidos empregando para iso medios ou procedementos distintos dos que, segundo os casos, se puxesen á súa disposición a este efecto ou se indicasen a este efecto nas páxinas web onde se atopen os Contidos ou, en xeral, dos que se empreguen habitualmente en Internet a este efecto sempre que non entrañen un risco de dano ou inutilización do Sitio Web, e/ou dos Contidos.
En particular, o Usuario asume igualmente que a información recollida no Sitio Web da Asociación respecto á cualificación de eventos e diferentes noticias en torno á actividade da Asociación é estritamente o reflexo da valoración realizada pola mesma, sen que en ningún caso dita cualificación e/ou valoración pretenda incidir na opinión do Usuario ou terceiros. Calquera actitude e/ou valoración que o Usuario poida realizar sobre os eventos e noticias examinadas será da súa exclusiva responsabilidade.
6.- EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE
A Asociación encargarase de garantir, salvo causas de forza maior, o correcto funcionamento do Sitio Web, evitando molestias técnicas e calquera outra actuación que poida limitar e/ou parcialmente interromper as posibilidades de uso do mesmo por parte dos Usuarios.
A Asociación non garante o acceso continuado, nin a correcta visualización, descarga ou utilidade dos elementos e informacións contidas nas páxinas enlazadas a este Sitio Web, e que poden verse impedidos, dificultados ou interrompidos por factores ou circunstancias que están fóra do seu control. A Asociación non se fai responsable das decisións que se poidan adoptar como consecuencia do acceso aos contidos ou informacións ofrecidas a través de ditos sitios enlazados.
A Asociación poderá interromper o servizo ou resolver de xeito inmediato a relación co Usuario se detecta que un uso do seu Sitio Web ou de calquera dos servizos ofertados no mesmo, é contrario ao presente Aviso Legal. A Asociación non se fai responsable por danos, prexuízos, perdas, reclamacións ou gastos derivados do uso do Sitio Web. Únicamente será responsable de eliminar, o antes posible, os contidos que poidan xerar tales prexuízos, sempre que así se notifique. En especial non será responsable dos prexuízos que se puidesen derivar, entre outros, de:
Interferencias, interrupcións, fallos, omisións, avarías telefónicas, retrasos, bloqueos ou desconexións no funcionamento do sistema electrónico, motivadas por deficiencias, sobrecargas e erros nas liñas e redes de telecomunicacións, ou por calquera outra causa allea ao control da Asociación;
Intromisións ilexítimas mediante o uso de programas malignos de calquera tipo e a través de calquera medio de comunicación, tales como virus informáticos ou calquera outros;
Abuso indebido ou inadecuado do Sitio Web;
Erros de seguridade ou navegación producidos por un mal funcionamento do navegador ou polo uso de versións non actualizadas do mesmo.
A Asociación exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que puidesen deberse ao mal uso dos servizos de libre disposición e uso por parte dos Usuarios do Sitio Web. Así mesmo, a Asociación queda exonerada de calquera responsabilidade por contidos e informacións que poidan ser recibidas como consecuencia dun uso ilícito ou incorrecto de ditos servizos.
O Sitio Web pode chegar a poñer a disposición dos Usuarios dispositivos técnicos de enlace (tales como, entre outros, ligazóns, banners, botóns), directorios e ferramentas de busca que poderían permitir aos Usuarios acceder a sitios web pertencentes e/ou xestionados por terceiros (en adiante, “Sitios Enlazados”). A instalación destas ligazóns, directorios e ferramentas de busca no Sitio Web ten por único obxecto facilitar aos Usuarios a busca e acceso á información e contidos dispoñibles en Internet.
A Asociación non se responsabiliza de contidos e opinións de terceiros vertidos no seu Sitio Web nin da información contida en páxinas web de terceiros ás que se poida acceder por ligazóns ou buscadores do Sitio Web, xa que a función destas é informar ao Usuario sobre a existencia doutras fontes de información sobre a materia en Internet, onde poderá ampliar os datos ofrecidos nesta web, e en ningún caso supón suxestión, invitación ou recomendación sobre os mesmos. Por todo iso, a Asociación non será responsable do resultado obtido a través de ditas ligazóns hipertextuais.
A Asociación non ten obriga de controlar e non controla a utilización que os Usuarios fan do Sitio Web e dos Contidos. En particular, non garante que os Usuarios utilicen o Sitio Web e os Contidos de conformidade co presente Aviso Legal, nin que o fagan de forma dilixente e prudente. A Asociación tampouco ten a obriga de verificar e non verifica a identidade dos Usuarios, nin a veracidade, vixencia, exhaustividade e/ou autenticidade dos datos que os Usuarios proporcionan sobre si mesmos a outros Usuarios.
A Asociación exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que puidesen deberse á utilización dos contidos por parte dos usuarios ou que poidan deberse á falta de veracidade, vixencia, exhaustividade e/ou autenticidade da información que os usuarios proporcionan a outros usuarios acerca de si mesmos e, en particular, aínda que non de forma exclusiva, polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á suplantación da personalidade dun terceiro efectuada por un usuario en calquera clase de comunicación realizada a través do Sitio Web.
7.- PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
O Usuario recoñece e acepta que todos os contidos que se mostran no Sitio Web e en especial, deseños, textos, imaxes, logos, iconas, botóns, software, nomes comerciais, marcas, ou calquera outro signo susceptibles de utilización industrial e/ou comercial están suxeitos a dereitos de Propiedade Intelectual e todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos, todos os dereitos de propiedade industrial e intelectual, sobre os contidos e/ou calquera outro elemento inserido na páxina son propiedade exclusiva da Asociación.
En ningún caso o acceso ao Sitio Web implica ningún tipo de renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial de ditos dereitos, salvo que se estableza expresamente o contrario. O presente Aviso Legal non confire ao Usuario ningún outro dereito de utilización, alteración, explotación, reprodución, distribución ou comunicación pública do Sitio Web e/ou dos seus contidos distintos dos aquí expresamente previstos. Calquera outro uso ou explotación de calquera dereito estará suxeito á previa e expresa autorización especificamente outorgada a tal efecto pola Asociación, ou polo terceiro titular dos dereitos afectados.
Os contidos, textos, fotografías, deseños, logotipos, imaxes, programas de ordenador, códigos fonte e, en xeral, calquera creación intelectual existente neste Sitio Web, así como o propio sitio no seu conxunto, como obra artística multimedia, están protexidos como dereitos de autor pola lexislación en materia de Propiedade Intelectual. A Asociación é titular dos elementos que integran o deseño gráfico do Sitio Web, os menús, botóns de navegación, o código HTML, os textos, imaxes, texturas, gráficos e calquera outro contido do Sitio Web ou, en calquera caso, dispón da correspondente licenza para a utilización de ditos elementos.
Así mesmo, queda prohibido suprimir, eludir e/ou manipular o «copyright” así como os dispositivos técnicos de protección, ou calquera mecanismo de información que puidesen conter os Contidos. O Usuario deste Sitio Web comprométese a respectar os dereitos enunciados e a evitar calquera actuación que puidese prexudicalos, reservándose en todo caso a Asociación o exercicio de cantos medios ou accións legais lle correspondan en defensa dos seus lexítimos dereitos de propiedade intelectual e industrial.
8.- INDEMNIDADE DA ASOCIACIÓN
O Usuario defenderá, indemnizará e manterá á Asociación indemne fronte a calquera dano e prexuízo que se derive de reclamacións, accións ou demandas de terceiros como consecuencia do seu uso do Sitio Web. Así mesmo, o Usuario obrígase a indemnizar á Asociación fronte a calquera dano e prexuízo, que se derive do uso pola súa parte de “robots”, “spiders”, “crawlers” ou ferramentas similares empregadas co fin de recoller ou extraer datos ou de calquera outra actuación pola súa parte que impoña unha carga irrazonable sobre o funcionamento do Sitio Web.
O acceso aos servizos ou contidos proporcionados a través do Sitio Web realizarase baixo a enteira responsabilidade dos Usuarios. No caso de que se trate de menores de idade ou incapaces, a responsabilidade correrá a cargo dos seus pais, representantes ou titores legais, debendo estes acompañar, supervisar ou tomar as precaucións oportunas durante a navegación daqueles polas páxinas web.
Se de maneira neglixente ou dolosa incumprise calquera das obrigas establecidas no presente Aviso Legal, responderá por todos os danos e prexuízos que de dito incumprimento puidesen derivarse para a Asociación.
9.- MODIFICACIÓN DO AVISO LEGAL
Reservámonos o dereito a modificar, en calquera momento e ao noso exclusivo criterio, os termos do presente Aviso Legal. Cando isto suceda incluirase un aviso no Sitio Web que indique e informe aos Usuarios de que se realizaron modificacións e informarase adecuadamente ao Usuario.
10.- NULIDADE E INEFICACIA DAS CLÁUSULAS
Se calquera cláusula incluída no presente Aviso Legal fose declarada total ou parcialmente nula ou ineficaz, tal nulidade ou ineficacia tan só afectará a dita disposición ou á parte da mesma que resulte nula ou ineficaz, subsistindo o presente Aviso Legal en todo o demais, considerándose tal disposición total ou parcialmente por non incluída.
11.- LEI APLICABLE E XURISDICIÓN
As relacións establecidas entre a Asociación e o Usuario rexeranse polo disposto nos textos legais do Sitio Web e pola lexislación española de aplicación, con exclusión expresa de calquera lei foral. As partes sométense, á súa elección, para a resolución dos conflitos e con renuncia a calquera outro fuero, aos xulgados e tribunais da cidade da Coruña.
Se vostede está contratando como consumidor, nada na presente cláusula afectará aos dereitos que como tal lle recoñece a lexislación vixente.
Para calquera suxestión ou pregunta acerca deste aviso legal, envíenos un correo electrónico a info@afaceipluisseoane.org