¿Queres recibir novas da AFA?
Para tramitar as xestións dos servizos de comedor e madrugadores, deberás acceder á plataforma en liña de Jardanay. Desde unha única conta familiar poderás realizar todas as solicitudes e xestións necesarias.
Que teño que facer agora?
GUÍA INFORMATIVA E PREZOS 2026/2027
OPERATIVA COMEDOR ESCOLAR E SERVIZO MADRUGADORES
ALTAS, BAIXAS E MODIFICACIÓNS
A contratación dos servizos será do 18 de xuño ás 10:00 h ata o 31 de agosto ás 23:55 h, a través da plataforma: www.comedores.jardanay.es
As altas, baixas e modificacións dos servizos deberán realizarse exclusivamente a través da plataforma web. Non se admitirán solicitudes por teléfono, correo electrónico nin por ningún outro medio.
Durante o resto do curso, as solicitudes de novas altas, baixas ou modificacións deberán realizarse antes do día 26 do mes en curso e terán efecto a partir do día 1 do mes seguinte. As solicitudes presentadas fóra de prazo non producirán efecto.
Unha vez aprobado o servizo solicitado, recibirase un correo electrónico de confirmación indicando a data de entrada en vigor.
É obrigatorio cubrir correctamente toda a información solicitada e achegar a documentación requirida cando corresponda.
COBRO DO SERVIZO
O pagamento dos servizos realizarase mediante domiciliación bancaria, cargándose os recibos o día 15 de cada mes.
A ausencia ou non utilización do servizo non exime do pagamento da cota correspondente.
A modalidade esporádica aboarase mediante vales adquiridos previamente na páxina web www.vales.jardanay.es. Non se admitirán pagamentos en efectivo.
Existe unha cota de tramitación dos servizos de 40 € por usuario/a. Esta cota será gratuíta para as familias socias da AFA, que deberán acreditalo mediante o correspondente xustificante.
DIETAS ESPECIAIS
O alumnado que precise unha dieta por motivos médicos, éticos ou relixiosos deberá cubrir a información correspondente na súa ficha persoal e achegar a documentación requirida.
Jardanay confirmará a recepción da solicitude e comunicará a data de inicio da dieta.
Non se admitirán solicitudes de dietas especiais por teléfono, correo electrónico, comedor ou calquera outra vía distinta á plataforma habilitada para este fin.
As dietas brandas non teñen a consideración de dietas especiais. No caso de precisar unha dieta branda puntual, deberá comunicarse á coordinación do servizo antes das 09:00 horas.
HIXIENE DE MANS E BUCODENTAL
Todo o alumnado traerá para o lavado dos dentes un estoxo identificado co seu nome que conteña vaso, cepillo e pasta dentífrica.
Os estoxos permanecerán gardados no comedor e enviaranse aos domicilios periodicamente para a súa revisión, limpeza e reposición do material cando sexa necesario.
Antes das comidas, o alumnado realizará a hixiene de mans nos espazos habilitados polo centro e polo servizo de comedor, seguindo as indicacións do persoal responsable.
Fomentarase a adquisición de hábitos saudables de hixiene persoal e bucodental durante o tempo de comedor.
RECOLLIDA DO ALUMNADO
Para autorizar a recollida do alumnado por persoas distintas dos seus titores/as legais, deberá cubrirse o apartado correspondente de persoas autorizadas para a recollida do alumnado na plataforma de xestión de Jardanay.