¿Queres recibir novas da AFA?
Benvidas e benvidos á Asociación de Familias de Alumnado do CEIP Luís Seoane
A AFA do CEIP Luís Seoane é un espazo de participación, colaboración e apoio para todas as familias que formamos parte da comunidade educativa do centro. Traballamos con ilusión para contribuír ao benestar do noso alumnado, apoiar a labor do colexio e fomentar un ambiente educativo baseado no respecto, a convivencia e a cooperación.
Desde a asociación promovemos actividades educativas, culturais e lúdicas, servimos de canle de comunicación entre as familias e o centro, e defendemos os intereses comúns das nenas e nenos e das súas familias.
Animámosvos a participar activamente, achegar ideas e formar parte desta comunidade viva e comprometida. Xuntas e xuntos facemos do CEIP Luís Seoane un lugar mellor para medrar e aprender.
Grazas por formar parte da AFA.
Nais e pais coma ti, implicados na educación das nosas nenas e nenos.
Somos persoas voluntarias que doan parte do seu tempo libre para contribuír a unha mellor calidade de vida na nosa escola.
Formamos un grupo activo, implicado e participativo, corresponsable do futuro das nosas rapazas e rapaces.
Apostamos pola integración coa contorna, organizando actividades que involucran ao alumnado, ao profesorado e ás familias, e que fomentan un ambiente respectuoso e colaborativo coa contorna social e natural.
VANTAXES ECONÓMICAS PARA OS SOCIOS DA AFA:
👉 Actividades extraescolares con tarifas reducidas, que axudan aos nenos a desenvolver as súas capacidades e ás nais e pais a conciliar cos horarios laborais.
👉 Xestión do servizo de comedor
👉 Servizo de madrugadores exclusivo para socios, dende as 7:30 h
👉 Seguro escolar a prezo reducido
👉 Banco de libros para socios.
👉 A Escola de Familias gratuíta para socios.
👉 As excursións organizadas pola AFA terán prezos reducidos para socios.
👉 Colaboración económica coa excursión de 6º de primaria (50 € para socios cunha permanencia de 4 anos)
👉 Festa de fin de curso gratuíta para socios.
AGASALLOS PARA OS SOCIOS DA AFA:
👉 Fotos de clase anuais
👉 Agasallo de graduación de 6º de infantil
👉 Agasallos en festas tématicas (Entroido, Fin de curso...)
OUTRAS LABORES DA AFA QUE BENEFICIAN AOS SEUS ASOCIADOS:
👉 A AFA facilita información sobre as iniciativas desenvolvidas no municipio de Oleiros ou no ámbito educativo da comarca.
👉 A AFA vela polos intereses dos alumnos.
👉 A AFA ten representación no Consello Escolar, con voz e voto, onde presentan propostas e proxectos.
👉 A AFA facilita o intercambio de ideas entre familias.
👉 A AFA busca recursos e realiza actividades que melloren a formación, tanto dos alumnos como das familias (a través da Escola de Familias).
👉 A AFA apoia económicamente o centro educativo na renovación de material necesario.
👉 A AFA tramita subvencións cun retorno económico directo para os socios.