¿Queres recibir novas da AFA?
O fondo de libros da AFA do CEIP Luís Seoane xa está dispoñible para a súa solicitude a través do Portal de Familias.
Para o curso actual hai exemplares dispoñibles exclusivamente para 3.º e 4.º de Primaria.
Para poder acceder ao préstamo de libros é necesario:
Ser socio/a da AFA.
Ter as cotas de socio ao día.
Accede ao Portal de Familias e segue a ruta:
Os meus servizos → Préstamo de libros
📅 Recomendámosvos realizar a solicitude canto antes para facilitar a organización e a xestión dos préstamos.
Publicado o 11 de xullo de 2026
PORTAL DE GESTIÓN PARA LAS FAMILIAS
Hoy es un día muy especial para nuestra AFA. Después de muchos meses de trabajo, ilusión y dedicación, hoy presentamos la App oficial del AFA del CEIP Luís Seoane.
No es una aplicación comprada ni desarrollada por una empresa. Es un proyecto nacido dentro de nuestra comunidad.
Un padre socio del AFA ha dedicado durante meses su tiempo, sus conocimientos y su esfuerzo para crear una herramienta pensada exclusivamente para las familias de nuestro colegio.
Hecha por nosotros. Para nosotros.
Desde hoy, las familias socias tendrán un espacio mucho más claro, intuitivo y accesible donde consultar noticias, actividades, documentos, extraescolares, formularios y toda la información del AFA.
Este proyecto demuestra que, cuando una comunidad se implica, es capaz de crear cosas extraordinarias.
Gracias a todas las personas que han hecho posible este paso adelante.
Publicado o 30 de xuño de 2026
Publicado o 12 de xuño de 2026
Publicado o 04 de xuño de 2026
AXUDAS DE COMEDOR ESCOLAR 2026/2027 – CONCELLO DE OLEIROS
Informamos ás familias do CEIP Luís Seoane de que xa está aberto o prazo para solicitar as prestacións de apoio ao comedor escolar para o curso 2026/2027.
🗓️ Prazo de solicitude: do 1 ao 30 de xuño de 2026 (ambos inclusive) fai clic aquí
✅ Dirixidas a familias: • Empadroadas no Concello de Oleiros. • Con alumnado matriculado en centros públicos. • Usuarias dun comedor escolar xestionado por unha ANPA/AFA.
💰 A axuda pode cubrir o 100 %, 60 % ou 40 % do custo do comedor, en función dos ingresos da unidade familiar.
⚠️ Recoméndase revisar con atención todos os requisitos e presentar a documentación completa dentro do prazo establecido.
ℹ️ Máis información na folla informativa do Concello de Oleiros (Servizos Sociais e Igualdade).
Desde a AFA do CEIP Luís Seoane animamos ás familias que poidan cumprir os requisitos a tramitar esta solicitude e aproveitar esta convocatoria de apoio ao comedor escolar.
Publicado o 01 de xuño de 2026
E, ademais, unha programación de actividades en colaboración con clubs e empresas especializadas que levan a experiencia un paso máis alá.
Robótica
Stemrobots
Primaria
Atletismo
Club Atletismo Sada
6º Infantil - 6º Primaria
Ximnasia rítmica
Club Xim Oleiros
Infantil e primaria
Balonman
Club Balonmán Atlántico
6º Infantil - 6º Primaria
Inglés
Ludus English
Varios niveis primaria
Taekwondo
Club Taekwondo Sada
Primaria
Parkour
Club Taekwondo Sada
Primaria
MENÚS ESCOLARES: EXPLICÁMOSCHE A NOVA NORMATIVA
Coa entrada en vigor do Real Decreto publicado no BOE (BOE-A-2025-7659), establécense novos criterios para promover unha alimentación máis saudable e sostible nos centros educativos.
Dende a AFA queremos achegar esta información de forma clara e sinxela, para que todas as familias entendan en que consiste esta normativa e como afecta aos menús escolares.
O principal obxectivo é mellorar a calidade nutricional dos menús escolares, fomentando:
Un maior consumo de alimentos frescos e de tempada
O uso de produtos máis sostibles e de proximidade
A redución de azucres, sal e graxas pouco saudables
A adquisición de hábitos alimentarios equilibrados dende a infancia
En resumo: potenciar o comedor escolar como un espazo educativo tamén en alimentación saudable.
A normativa establece unha serie de medidas que afectan á planificación dos menús:
1. Máis alimentos frescos e de tempada: Priorízanse froitas, verduras, legumes, cereais integrais e aceite de oliva.
2. Técnicas de cociñado máis saudables: Foméntanse preparacións ao forno, ao vapor, á prancha ou cocidas, reducindo frituras e rebozados.
3. Mellor perfil nutricional dos menús: Limítase a presenza de produtos con exceso de sal, azucre e graxas pouco saudables.
4. Información máis completa para as familias: Os centros deben facilitar menús mensuais con máis detalle sobre pratos, alérxenos e recomendacións para completar a alimentación na casa.
5. Atención a necesidades específicas: Garantízanse menús adaptados a alerxias, intolerancias e outras necesidades médicas, culturais ou éticas.
Estes cambios buscan acompañar aos nenos e nenas na adquisición de hábitos alimentarios saudables, sen supoñer un incremento do custo do comedor.
A alimentación do mediodía complétase coa que se realiza na casa, polo que a coordinación entre escola e familias segue a ser fundamental.
Moitos destes cambios xa se implementaron de forma progresiva no noso centro. Dende a AFA seguiremos atentos á súa aplicación para garantir que se realice con calidade, equilibrio e transparencia.
Publicado o 27 de marzo de 2026
Publicado o 25 de marzo de 2026
Publicado o 25 de marzo de 2026
OBRADOIRO PRESENCIAL – MENORES CONECTADOS
Educación dixital en ciberseguridade e privacidade
Martes 10 de marzo de 18:00 a 19:30 h | Aula de informática
Un espazo formativo dirixido ás familias do alumnado de 10 a 18 anos no que abordaremos:
✔️ Os riscos dixitais para os menores
✔️ Como xestionar o tempo nas pantallas
✔️ Recursos e ferramentas para protexelos
✔️ Estratexias para acompañar sen invadir a súa privacidade
As familias socias da AFA coa cota ao día dispoñen de servizo de conciliación para o coidado dos seus fillos e fillas mentres participan no obradoiro.
Unha oportunidade para adquirir ferramentas prácticas e educar nun entorno dixital máis seguro.
Publicado o 03 de marzo de 2026
Dende as ANPAs de Oleiros, en colaboración coa campaña “Escola Saudable” e co apoio do Concello de Oleiros, convidámosvos a participar no faladoiro:
“Medrar con pantallas NON é igual a progreso”
Un espazo de reflexión e diálogo dirixido a familias e profesorado sobre o impacto das pantallas na infancia e adolescencia, o desenvolvemento da atención, a saúde mental e a importancia dos pactos de familia no uso da tecnoloxía.
Contaremos coa participación de persoas expertas en saúde mental e educación, e repartirase material práctico para as familias con orientacións claras e baseadas en evidencia científica.
Porque educar tamén é acompañar, poñer límites e crear hábitos saudables.
Animámosvos a asistir, informarvos e participar activamente nun debate que nos afecta a todas as familias.
Publicado o 03 de marzo de 2026
Festa de Entroido ANPA
O xoves 12 de febreiro, a ANPA celebrará a festa de Entroido en horario de 16:30 a 19:30.
👧🧒 Organización e acompañamento:
O alumnado que ese día asista ás actividades extraescolares dos xoves estará acompañado polos monitores/as das actividades ata as 18:00 h.
A partir das 18:00 h, todos os nenos e nenas deberán estar acompañados por un proxenitor/a ou titor/a legal.
Os nenos e nenas que non teñan actividade extraescolar ese xoves deberán estar acompañados por un proxenitor/a ou titor/a legal desde o inicio da festa.
💶 Cota: O alumnado que non sexa socio do ANPA deberá aboar un importe de 10 € para participar.
📲 Inscrición: Para unha mellor previsión de aforo, é necesario anotarse previamente polo WhatsApp do ANPA no teléfono 📞 +34 656 99 55 18.
Publicado o 09 de febreiro de 2026
Desde a ANPA do CEIP Luís Seoane queremos crear un espazo especial para os días de chuvia e temporais 🌧️
Un lugar onde a imaxinación sexa a protagonista.
📚 Pequena biblioteca infantil
🎭 Baúl de disfraces
💫 Para fomentar o xogo creativo, a lectura e a fantasía
💛 Axúdasnos a facelo realidade?
Buscamos doazóns de:
✔️ Contos infantís
✔️ Libros para primeiras idades
✔️ Disfraces
✔️ Complementos (sombreiros, capas, bolsos de xogo, etc.)
Se na casa hai libros ou disfraces que xa lles quedaron pequenos aos vosos peques… poden comezar unha nova aventura con outros nenos e nenas!
📍 Entrega a través da ANPA
Publicado o 05 de febreiro de 2026
Publicado o 04 de febreiro de 2026
SUBVENCION COMEDOR ESCOLAR CURSO 2024/2025
A ANPA do CEIP Luís Seoane foi beneficiario dunha axuda da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional para o cofinanciamento do servizo de comedor escolar no curso 2024/25, por valor de 22.077,34 €.
Grazas a este apoio, seguimos mellorando o comedor para as nosas nenas e nenos
Publicado 3 de febreiro do 2026
CONVOCATORIA DE ASAMBLEA XERAL ORDINARIA
Estimados socios e socias:
Pola presente, convócase a tódolos socios e socias da Asociación de Nais e Pais do CEIP Luís Seoane á seguinte asamblea:
DÍA: Mércores 28 de Xaneiro do 2026
HORA: 18:00 horas en 1ª convocatoria, 18:30 horas en 2ª convocatoria
LUGAR: Aula de Polos Creativos (1º andar)
ORDE DO DÍA
Lectura e aprobación da acta da sesión anterior (se procede).
Presentación e aprobación do balance económico do curso 2024 – 2025.
Aprobación de novos cargos na Directiva da ANPA.
Exposición e aprobación das novas tarifas para actividades extraescolares.
Modificación dos estatutos da asociación para adaptalos á normativa vixente.
Rogos e preguntas.
Para todos aqueles que o precisedes, teremos dispoñible un servizo de ludoteca durante a asamblea para que podades deixar a rapazada.
Un cordial saúdo
A Xunta Directiva
Publicado o 21 de xaneiro de 2026