¿Queres recibir novas da AFA?
A educación dos nosos fillos e fillas é un camiño que percorremos xuntos: familias, escola e comunidade. Nesta sección queremos ofrecer unha recompilación de recursos, guías e materiais de interese que poden axudar ás familias en diferentes aspectos da crianza e da educación.
Aquí atoparás información práctica sobre temas como o acompañamento emocional, o uso responsable da tecnoloxía, os hábitos saudables, a convivencia, a aprendizaxe ou o benestar familiar. O noso obxectivo é facilitar ferramentas e orientación que apoien ás nais, pais e persoas coidadoras no día a día.
Este espazo irase actualizando periodicamente con novos contidos, ligazóns e recomendacións de profesionais, institucións e entidades educativas.
Agardamos que este apartado sexa un punto de apoio, inspiración e aprendizaxe compartida para toda a comunidade educativa.
Recentemente participamos no obradoiro Educación dixital en ciberseguridade e privacidade, organizado pola Xunta de Galicia. Foi unha sesión interesantísima que nos proporcionou consejos prácticos para mellorar o acompañamento dixital dos nosos fillos e fillas.
Deixamos aquí a Guía de mediación parental de INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade), que recomendamos consultar para coñecer os pasos a seguir antes e durante a conectividade dixital dos menores.
Tamén podes visitar a súa páxina web INCIBE Familias para acceder a máis información, ferramentas de control parental, pactos familiares e consellos de ciberseguridade para as familias.
Documento oficial con consellos claros e visuais sobre alimentación saudable e actividade física, pensado para familias e alumnado. Inclúe recomendacións sobre porcións adecuadas de froita, verdura, cereais e auga, e mensaxes directos para moverse máis e comer equilibrado. Recomendado para nenos e nenas de 5 a 12 anos.
Tamén podes consultar, de un vistazo rápido, o prato saudable que recomendan.
Accede a unha web con múltiples recursos e guías prácticas para familias, docentes e persoas con TDAH. Inclúe información sobre:
Convivencia e xestión do TDAH en centros escolares.
Apoio ao estudo e técnicas de organización.
Uso responsable de tecnoloxías.
Estratexias para adultos con TDAH.
Pasos a seguir polas familias no tratamento e acompañamento do TDAH.
Unha referencia completa e oficial para consultar consellos e ferramentas avaladas por expertos en Galicia.