¿Queres recibir novas da AFA?
Na Asociación de Familias de Alumnado do CEIP Luís Seoane (AFA) consideramos fundamental garantir a transparencia e o acceso á información a todas as familias que forman parte da nosa comunidade.
Nesta sección, poderás consultar os documentos que regulan o funcionamento da Asociación, así como as normas e memorias económicas, sempre respectando a protección de datos persoais de menores e socios.
Aquí atoparás:
Estatutos da Asociación
Regulamento de Réxime Interno
Normas xerais de servizos (actividades, comedor/mañanceiros)
Resumos económicos anuais
Outros documentos de interese para socios
A información que conteña datos persoais sensibles estará restrinxida Xunta Directiva ou ao persoal autorizado, segundo a normativa de protección de datos.
Dereito de acceso: Todos os socios teñen dereito a solicitar consulta de documentos non públicos, seguindo o procedemento establecido pola AFA. Podes contactar coa xunta directiva a través do correo electrónico ou na nosa sede para solicitar acceso.
O noso compromiso é manter esta sección actualizada e accesible, facilitando a participación e colaboración de todas as familias na vida da Asociación.