¿Queres recibir novas da AFA?
A inscrición nas actividades realízase a través do Portal de Familias.
Actividades extraescolares da AFA: aprender, compartir e medrar
Na AFA entendemos as actividades extraescolares como moito máis ca un servizo de conciliación: son un espazo onde o alumnado pode descubrir novos intereses, desenvolver habilidades, facer amizades e aprender divertíndose.
Cada curso ofrecemos unha ampla programación de actividades para o alumnado de Educación Infantil e Primaria, de luns a xoves, en horario de 16:00 a 18:00 h, adaptada ás súas idades e intereses.
A nosa prioridade é ofrecer unha experiencia de calidade. Por iso traballamos con grupos que favorecen a participación, a atención personalizada e un ambiente seguro e enriquecedor:
Actividades educativas: máximo de 15 participantes por grupo.
Actividades deportivas: máximo de 22 participantes por grupo.
Para formar un grupo será necesario un mínimo de 8 participantes por actividade.
Descubre a programación deste curso e atopa a actividade perfecta para que o teu fillo ou filla aprenda, medre e goce cada tarde.
ACTIVIDADES INFANTIL
O movemento, o xogo e a diversión son os protagonistas. A través de circuítos sinxelos, xogos motrices e pequenas probas adaptadas á súa idade, os máis pequenos exploran as súas capacidades físicas, melloran a coordinación e aprenden a traballar en grupo.
Aprender inglés xogando! Actividades orais, xogos e cancións para reforzar vocabulario e expresión, fomentando o gusto polo idioma nun grupo reducido e participativo.
Pequenos chefs en acción! Descubrirán receitas saudables e divertidas, aprenderán sobre alimentación equilibrada e desfrutarán dunha experiencia práctica que estimula autonomía e responsabilidade.
Creatividade sen límites! Pintura, manualidades con materiais reciclados e xogos de creación para desenvolver a psicomotricidade fina e grosa, potenciar a imaxinación e fomentar hábitos responsables desde pequenos.
Deporte en equipo con diversión garantida! Actividades lúdicas que fomentan a coordinación, resistencia, traballo en equipo e valores de integración e compañeirismo.
Actividade impartida por: Club Xim Oleiros
Combina o xogo motor coa expresión corporal. A través de movementos sinxelos con música, exercicios de equilibrio, coordinación e pequenos circuítos psicomotrices, os participantes desenvolven habilidades físicas básicas mentres se divirten.
Actividade impartida por: Club Balonman Atlántico
A partir de 6º de infantil: Iniciación ao balonmán dirixida a nenos e nenas que xa teñen unha base motriz máis desenvolvida. A través de xogos adaptados e situacións sinxelas de equipo, aprenden as regras básicas deste deporte, o manexo do balón, o pase, o lanzamento e a defensa.
Servizo de conciliación en horario de 17:00 a 18:00 dirixido ao alumnado de Infantil e Primaria. Durante este tempo, os nenos e nenas realizarán xogos, actividades lúdicas, lectura, talleres e outras propostas adaptadas á súa idade, sempre baixo a supervisión dun monitor.
ACTIVIDADES PRIMARIA
Unha actividade divertida e educativa onde os nenos e nenas poderán experimentar, crear slime e descubrir a ciencia dun xeito ameno. A través de xogos e probas, espertarán a súa curiosidade e creatividade mentres aprenden pasándoo en grande
Introdución práctica ao mundo dixital. O alumnado aprenderá mecanografía, o manexo de ferramentas informáticas básicas, creatividade dixital e o uso responsable da tecnoloxía, sempre adaptado á súa idade e nivel. Ademais, iniciaranse no mundo da impresión 3D, coñecendo o seu funcionamento, o deseño de pezas sinxelas e as posibilidades desta tecnoloxía para crear e materializar os seus propios proxectos.
Variedade, diversión e deporte en equipo. Practicaremos diferentes disciplinas deportivas para mellorar a coordinación, resistencia e habilidades motrices, fomentando o compañeirismo e o xogo limpo.
Unha experiencia divertida e saudable! Prepararán receitas sinxelas mentres descobren a importancia dunha alimentación equilibrada e desenvolven autonomía e responsabilidade.
Exploración artística desde o máis básico ata técnicas máis avanzadas segundo o nivel. Potenciaremos a creatividade, a expresión persoal e a sensibilidade artística.
Un espazo para medrar en confianza. Traballaremos expresión corporal e verbal, imaxinación e empatía, preparando pequenas representacións ao longo do curso.
Xogos de lóxica na que os nenos e nenas se converten en pequenos investigadores que deben resolver misterios a través de pistas, enigmas e probas sinxelas. É unha proposta divertida e motivadora que desenvolve a atención, o razoamento e o traballo en equipo mentres se divirten descifrando casos.
Actividade impartida por: Club Taekwondo Sada
Disciplina, respecto e superación persoal. Iniciación a esta arte marcial desenvolvendo coordinación, equilibrio e control corporal nun ambiente estruturado e motivador.
Equilibrio, coordinación e diversión sobre rodas. Traballaremos técnica básica e distintas modalidades adaptadas á idade, sempre priorizando a seguridade.
Actividade impartida por: Club Balonman Atlántico
Se traballan e perfeccionan as habilidades propias deste deporte, como o pase, o bote, o lanzamento e a defensa, a través de exercicios e xogos dinámicos. É unha proposta activa e motivadora que mellora a coordinación, a condición física e o traballo en equipo, fomentando ao mesmo tempo a cooperación, o esforzo e o respecto polas regras do xogo.
Actividade impartida por: Club Xim Oleiros
Traballase a expresión corporal, a coordinación e a flexibilidade a través de movementos con música e o uso de diferentes elementos como a corda, o aro ou a cinta. É unha proposta creativa e dinámica que mellora o control do corpo, o ritmo e a confianza persoal, fomentando ao mesmo tempo a disciplina, a concentración e o gusto pola actividade física.
Actividade impartida por: Club Atletismo Sada
Os nenos e nenas practican de forma lúdica diferentes probas como correr, saltar e lanzar, sempre adaptadas á súa idade. É unha proposta dinámica e divertida que mellora a coordinación, a resistencia e a motricidade global, fomentando ao mesmo tempo o esforzo persoal, a superación e o gusto pola actividade física.
Actividade impartida por: Ludus English
Aprendizaxe dinámica e participativa a través de xogos, conversación e actividades orais. Reforzamos a seguridade na comunicación e o gusto polo idioma.
A actividade estrutúrase en tres niveis adaptados ao curso e ao nivel do alumnado, garantindo unha aprendizaxe progresiva e personalizada para cada grupo.
Actividade impartida por: Club Taekwondo Sada
Enerxía, superación e movemento. A través de circuítos adaptados á súa idade, o alumnado desenvolverá coordinación, axilidade, forza e confianza persoal, aprendendo a superar obstáculos dun xeito seguro e divertido.
Actividade impartida por: Stemrobots
Actividade divertida na que os nenos e nenas aprenden a construír e programar pequenos robots de forma sinxela e práctica, descubrindo como funcionan as máquinas a través do xogo. É unha proposta creativa e motivadora que desenvolve a lóxica, a imaxinación e o traballo en equipo mentres se divirten aprendendo tecnoloxía.