¿Queres recibir novas da AFA?
PRIMEIROS LECTORES (6-8 ANOS)
Entre os 6 e os 8 anos, os nenos e nenas están dando un dos pasos máis importantes da súa vida escolar: aprender a ler con fluidez e, sobre todo, comezar a descubrir o pracer da lectura.
Neste momento, ler non é só descifrar palabras, senón abrir unha porta a historias, emocións e ideas novas. Cada conto axúdalles a entender mellor o mundo que os rodea e tamén a eles mesmos.
Compartir a lectura en familia pode converterse nun momento moi especial do día: un espazo de calma, conexión e conversa. Non fai falta facelo perfecto nin forzar resultados; o importante é acompañar, escoitar e deixar que a curiosidade faga o seu camiño.
A través dos libros, os nenos e nenas comezan a identificar emocións, a poñerse no lugar doutras persoas e a comprender situacións como a amizade, a diversidade, a exclusión ou o bullying.
Por iso, é importante ofrecerlles historias que non só lles gusten, senón que tamén lles axuden a medrar por dentro: libros que falen de sentimentos, de respecto, de diferenzas e de convivencia.
Porque cando un neno ou unha nena disfruta lendo, non só está aprendendo a ler mellor: tamén está aprendendo a vivir mellor cos demais.
Historias curtas e cheas de humor sobre a vida cotiá na infancia.
A través do humor, a historia axuda a entender que ninguén é perfecto e que iso é algo totalmente normal.
Un grupo de nenos e nenas que se senten diferentes atopan amizade e apoio mutuo, aprendendo que todos temos algo especial.
A historia é unha viaxe de descubrimento do lenguaje, da curiosidade e do crecemento persoal, onde as palabras se converten en algo vivo, cheo de emoción e significado.
Amosa que non existe unha única maneira de ser familia, senón moitas, todas igual de válidas e importantes.
Un clásico sobre a amizade, o amor e a mirada emocional do mundo. Moi recomendable con acompañamento lector.
Poemas cheos de humor e imaxinación que fomentan o gusto pola lectura e o xogo coas palabras.
Reflexiona sobre os conflitos cotiáns e a importancia de aprender a convivir e entenderse no día a día.
Axuda a comprender a rabia infantil como un “volcán interior” e ofrece ferramentas para aprendela a xestionar.
A estas idades, moitos nenos e nenas xa están preparados para dar un paso máis na súa lectura e comezar a gozar das coleccións de libros. Este formato resulta especialmente motivador porque os personaxes se repiten, as historias evolucionan e cada novo volume esperta o desexo de seguir lendo.
As coleccións seleccionadas están pensadas para lectores de 7–8 anos que buscan aventura, misterio, humor e fantasía, con capítulos curtos, linguaxe accesible e ilustracións que acompañan a comprensión. Ademais, todas elas transmiten valores fundamentais como a amizade, a cooperación, a empatía e a resolución positiva dos conflitos.
Este tipo de lecturas favorece a autonomía lectora, reforza a confianza na lectura e axuda a consolidar o hábito lector de forma natural, asociando os libros co pracer e coa curiosidade por seguir descubrindo historias.
Colección de aventuras máxicas protagonizadas por Anna e o seu grupo de amigos nunha escola de bruxería.
Colección de detectives infantís que resolven misterios sinxelos e moi divertidos.
Colección moi popular sobre unha nena diferente: metade fada e metade vampira, que intenta encaixar nos dous mundos.
Colección de maxia con moito humor e capítulos curtos, ideal para primeiros lectores autónomos.
Unha colección chea de fantasía, aventuras e animais máxicos que transportan aos lectores a mundos sorprendentes. As historias presentan capítulos curtos, unha linguaxe sinxela e moitas ilustracións, o que facilita unha lectura áxil, divertida e moi accesible.
Colección que mestura fútbol, misterio e humor. Cada libro presenta un caso que o equipo debe resolver.
“A lectura é unha viaxe sen límites. ”
Jorge Luis Borges