¿Queres recibir novas da AFA?
Esta guía ten como obxectivo explicar de forma sinxela que coberturas existen en cada servizo do centro e como actuar en caso de accidente.
Durante o horario escolar:
Responsabilidade civil: corresponde ao centro educativo, de acordo co réxime de organización e vixilancia establecido pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
Atención sanitaria: a través do sistema público de saúde (SERGAS), conforme á normativa sanitaria vixente.
Accidentes escolares: serán comunicados e xestionados pola Dirección do centro segundo os protocolos establecidos.
Durante os desprazamentos de entrada e saída:
Responsabilidade civil e seguro de accidentes: corresponde á empresa concesionaria do servizo de transporte escolar, de acordo co contrato administrativo vixente.
Cobertura: incluída obrigatoriamente na prestación do servizo.
Accidentes: serán comunicados á empresa de transporte e, se procede, á Dirección do centro.
Durante estes servizos complementarios:
Responsabilidade na prestación do servizo: corresponde á empresa adxudicataria (Jardanay), de acordo co contrato de xestión.
Seguro de accidentes: será obrigatoria a contratación dun seguro colectivo de accidentes xestionado a través do AFA para todo o alumnado participante nos servizos de comedor e/ou mañanceiros, debendo permanecer en vigor durante todo o período de participación na actividade.
Xestión de incidencias: o persoal responsable do servizo informará ao AFA e/ou á Dirección do centro segundo o protocolo establecido.
Durante as actividades organizadas fóra do horario lectivo:
Responsabilidade civil: corresponde á empresa organizadora da actividade, de acordo co contrato ou encargo correspondente.
Seguro de accidentes: será obrigatoria a contratación dun seguro colectivo de accidentes xestionado a través do AFA para todo o alumnado participante nas actividades extraescolares, debendo permanecer en vigor durante todo o período de participación na actividade.
Condición de inscrición e permanencia:
a participación nas actividades extraescolares queda condicionada á contratación e vixencia do seguro colectivo de accidentes tramitado co AFA. A falta desta cobertura impedirá a inscrición ou a continuidade na actividade, conforme ao Regulamento Interno da Asociación debidamente aprobado polas familias.
Atención en caso de accidente: será tramitada en primeiro lugar polo seguro de accidentes contratado co AFA, sen prexuízo da atención sanitaria a través do sistema público de saúde (SERGAS) cando proceda.
Coordinación: o responsable da actividade informará ao AFA e/ou á Dirección do centro segundo o protocolo establecido.